ORIXE E DESAPARICIÓN DE ZELANDIA, O SÉTIMO CONTINENTE
Mapa co continente desaparecido Zelandia / UNIVERSIDADE DE ZARAGOZA
Laia Alegret, a paleontóloga da Universidade de Zaragoza que hai pouco demostrou que o impacto dun asteroide acabara cos dinosauros, arroxou agora novos datos sobre a orixe e a formación do sétimo continente: Zelandia. Este continente está mergullado baixo as augas do Pacífico, e do que unicamente afloran as súas montañas máis altas, Nova Zelandia e Nova Caledonia.
Segundo publica a revista científica Geology, Zelandia xurdiu de dous eventos tectónicos. Primeiro foi arrincado de Australia e a Antártida fai 80 millóns de anos e despois foi moldeado polas forzas que iniciaron o Anel de Lume do Pacífico, unha zona de volcáns e terremotos que se estende ao longo das costas occidentais de América do Norte e do Sur, pasando Alaska e Xapón, e logo a través do Pacífico occidental ata Nova Zelandia.
Alegret foi a única científica española na expediciónal océano Pacífico a bordo do buque de perforación Joides Resolution, na que participou durante dous meses, xunto a outros 31 científicos, en 2017.
A paleontóloga oscense atópase agora en Nova Zelandia para presentar os resultados científicos da expedición, que acaban de ser publicados pola citada revista, e continuar traballando.
Contribuíu co estudo de miles de microfósiles obtidos en seis perforacións do fondo mariño do novo continente, cunha superficie mergullada duns cinco millóns de quilómetros cadrados.
"Os resultados deses estudos cambiaron o pouco que se sabía sobre este continente oculto", segundo explicou Laia Alegret, quen engade: "Permitíronnos coñecer como evolucionou como un continente independente, tras separarse de Australia e a Antártida fai 80 millóns de anos, como cambiou a profundidade dos seus mares ao longo do tempo, en que momentos emerxeu e afundiuse, condicionando as migracións das especies, as correntes oceánicas e o clima global".
Alegret explica que, ademais, "púidose precisar o movemento das placas tectónicas, que parece ter relación coa formación do Anel de Lume do Pacífico. Estes resultados achegan información sobre o cambio climático e sobre procesos xeolóxicos fundamentais, con implicacións na prevención de riscos xeolóxicos como o vulcanismo ou os terremotos".
No estudo, liderado por Rupert Sutherland, participaron investigadores de 13 países diferentes, os cales atoparon evidencias de que algunhas rexións de Zelandia eleváronse mesmo por encima do nivel do mar entre 50 e 35 millóns de anos, mentres que outros puntos afundíronse nas augas profundas e, posteriormente, toda a rexión afundiuse polo menos un quilómetro.
O Anel de Lume do Pacífico é unha zona de volcáns e terremotos resultantes do proceso xeolóxico da subducción, que ocorre cando unha placa tectónica afúndese baixo a terra. A súa formación fai 50 millóns de anos segue sendo un misterio.
O artigo publicado agora en Geology propón que un evento de ruptura da subducción propagouse ao longo de todo o Pacífico Oeste naquel período, e indica que o proceso debeu ser similar a un terremoto masivo súper lento que resucitou antigas fallas de subducción, as cales permaneceran latentes durante millóns de anos, pero que comezaron a moverse de novo.
"Probablemente non existe ningún análogo actual deste proceso", sinalan os científicos, pero as evidencias de Zelandia suxiren que estes eventos poden alterar dramaticamente a xeografía dos continentes. Iste mesmo evento creou recursos naturais, afectou o clima global e cambiou a dirección e velocidade de movemento de case todas as placas tectónicas do planeta. "Realmente foi un acontecemento de importancia global".
FONTE: Javier Ortega/elmundo.es/ciencia
0 comentarios