CANTO SABES DA TÁBOA PERIÓDICA XX
Continúo coa serie adicada a recordar aspectos da Táboa Periódica dos Elementos. A contestación á pregunta do día anterior é Hidróxeno. Este elemento químico é o máis abundante no universo, forma parte tanto das estrelas, como da auga que bebemos. Supón o 75% da materia, e o 90% de todos os átomos do universo son de hidróxeno.
E imos coa pregunta de hoxe, é última desta sección!
20. O hidróxeno é tamén un dos 6 elementos que conforman a materia viva. Pero existen outros 5 elementos máis necesarios para que se forme a vida tal e como a coñecemos. Son os ladrillos básicos da materia orgánica. Douche unha pista: 2 deles son o osíxeno e o carbono. Entre estoutros 4 elementos hai intruso. Es capaz de identificalo?
- Fósforo
- Xofre
- Cadmio
- Nitróxeno
Mañá a solución!
FONTE: Idea orixinal nationalgeographic.com.es
0 comentarios