Blogia
vgomez

POSIBLE CHOQUE DA VÍA LÁCTEA E ANDRÓMEDA

POSIBLE CHOQUE DA VÍA LÁCTEA E ANDRÓMEDA

Composición fotográfica do choque da Vía Láctea e Andrómeda / NASA

A Vía Láctea, o conxunto de miles de millóns de estrellas ao que pertence o Sol, acabará chocando frontalmente coa súa veciña Andrómeda, que está agora a unha distancia duns 2,5 millóns de anos luz. Como resultado da colisión ámbalas dúas acabaran fusionadas en só unha. A esta conclusión chegaron uns científicos que lograron medir con grande precisión a velocidade e desprazamento de Andrómeda (tamén chamada M31) co telescopio espacial Hubble e concretaron os seus cálculos mediante simulacións por ordenador. O Sol non resultará destruído no choque, aínda que acabará nunha posición diferente da actual, seguramente máis afastado do centro galáctico. As estrelas están tan lonxe unhas doutras que non chocarán, explican os investigadores.

As dúas galaxias están aproximándose debido á mutua atracción gravitatoria que exerce a materia (incluída a materia escura que rodea a unha e á outra). Isto sábese dende hai tempo, pero calcular con detalle como e cando se producirá a colisión esixíu medir con grande precisión o desprazamento de Andrómeda, que é o que fixeron agora no Instituto del Telescopio Espacial, en Baltimore, EE UU. Os resultados expóñense na revista Astrophysical Journal. Ata agora non se sabía se a colisión galáctica sería frontal ou se ámbolos conxuntos estelares só se rozarían.

FONTE: Xornal El País/Ciencia.

0 comentarios