Blogia
vgomez

BENDEIRAS AZUIS 2012

BENDEIRAS AZUIS 2012

A praia do Muíño segue a manter a Bandeira Azul neste 2012 / Imaxe:www.aguarda.es

O Xurado Internacional Bandeira Azul 2012, concedeu 3.774 BandeIras Azuis, 3.098 para praias e 646 para portos, na súa reunión adicada aos candidatos no hemisferio norte.

Neste Xurado participan, xunto coa Foundation for Environmental Education (FEE), como creadora e xestora do programa, as Axencias das Nacións Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA-UNEP) e para o Turismo (OMT-WTO), xunto a outras entidades como a Asociación Internacional de Salvamento e Socorrismo (ILSE), a Axencia Europea para o Medio Ambiente (EEA), a Unión Europea para a Conservación das Costas (EUCC), a Unión para a Conservación da Natureza (IUCN), un experto en Educación Ambiental e o Consello Internacional de Asociacións da Industria Portuaria (ICOMIA). O resultado supón un record no número de praias con Bandeira Azul e no conxunto de praias e portos, con case un cento máis que en 2011.

España, con 638 Bandeiras Azuis, 540 de praias e 98 de portos deportivos, obtén o seu mellor resultado histórico e mantense á cabeza entre os 51 territorios dos 46 estados participantes no noso hemisferio. Séguenos Grecia (394), Francia (358), Turquía (355), Portugal (275), Dinamarca (253) e Italia (247). En portos, Alemaña (110) supéranos, sendo segundos con 98, e detrás Holanda (88), Francia (84), Italia (62), Dinamarca (51) e Suecia (38).

O aumento de 35 Bandeiras Azuis, respecto de 2011 (29 de praias e 6 de portos) é máis acusado en Murcia (+14), que recupera así ás súas cifras históricas de candidatas e galardoadas; Galicia (+13), Andalucía (+12), pese ao menos número de candidatas e Canarias (+7). A disminución no número de candidatas e galardoadas afecta especialmente a Baleares (-17), en especial, pola dificultade de cumplir a exigencia Bandeira Azul dun mínimo de 2 socorristas por praia, con independencia do seu tamaño ou de que o mínimo legal sexa só 1.

No tocante á Guarda, segue mantendo 2: A praia do Muíño e a da Area Grande.

Todo esto implica que no verán de 2012 nunha de cada seis praias españolas ondeará a Bandeira Azul e que, 1 de cada 6 Bandeiras Azuis no mundo, ondeará en España.

FONTE:www.adeac.es

0 comentarios