Blogia
vgomez

A CAPA DE OZONO MOSTRA SIGNOS DE RECUPERACIÓN

A CAPA DE OZONO MOSTRA SIGNOS DE RECUPERACIÓN

Viñeta de Ramón no xornal El País (15/09/2014)

 

A recuperación da capa de ozono, que protexe ao planeta dos daniños raios ultravioletas, avanza polo bo camiño, segundo un novo informe elaborado por un grupo de 300 científicos, aínda que tamén se recoñece que aínda existen numerosos desafíos producidos polo rápido incremento dos gases que causan o efecto invernadoiro.

De acordo co texto, presentado polo Programa de Nacións Unidas para o Medio (PNUMA) e a Organización Meteorolóxica Mundial (OMM), a capa de ozono "encamíñase cara á súa restauración total nas próximas décadas, como resultado da acción internacional".

Os expertos destacan que eses avances débense principalmente ás medidas de concertación internacional para protexer o medio, especialmente o Protocolo de Montreal de 1989, sen o cal se calcula que a concentración de gases que destrúen esa delicada capa se tivese multiplicado por dez de cara ao ano 2050.

Segundo o PNUMA, ese Protocolo evitou que uns dous millóns de persoas teñan cancro de pel anualmente no mundo, a redución das lesións oculares e diversos danos no sistema immunológico humano. Así mesmo, a flora e fauna silvestres beneficiaranse tamén destas medidas.

O director executivo do Programa da ONU para o Medio (PNUMA), o informe pretende "presentar un escenario de logros, desafíos e esperanza. Logros, os conseguidos co Protocolo; desafíos, en canto á necesidade de manter a atención mundial e o compromiso sobre substancias que esgotan a capa de ozono; e unha mensaxe de esperanza, de que se nos convencemos de que actuar sobre esas substancias é en beneficio de nacións e individuos, hai un tremendo potencial para seguir avanzando.

O estudo, realizado por 300 expertos internacionais, é unha avaliación científica sobre a redución da capa de ozono, en 2014, destinada aos políticos encargados dos temas de medio. Este documento é a primeira avaliación exhaustiva que se fixo nos últimos catro anos sobre este tema. Os organismos da ONU instaron aos Estados que participarán no próximo Cumio do Clima, o próximo 23 de setembro en Nova York (EUA), a tomar como exemplo a cooperación global para protexer os intereses comúns, tal e como reclama o Protocolo de Montreal.

Fonte: Revista Muy Interesante/Ciencia

0 comentarios