Blogia
vgomez

O PRIMEIRO DINOSAURO NADADOR: SPINOSAURUS AEGYPTIACUS

O PRIMEIRO DINOSAURO NADADOR: SPINOSAURUS AEGYPTIACUS

Ilustración do enorme espinosaurio, nadando e capturando grandes peixes / Revista Science

 

Carnívoro, predador, máis grande que un Tiranosaurio rex, e con características peculiares que desconcertaron os científicos durante moito tempo, o Spinosaurus aegyptiacus era un formidable nadador, toda unha novidade entre os dinosauros que, tradicionalmente, se consideraran animais terrestres. É o primeiro dinosauro capaz de nadar que se coñece, afirman os científicos. Medía máis de 15 metros dende a cabeza á punta da cola (máis longo que un autobús urbano), superaba as 20 toneladas e pasaba a maior parte do tempo na auga, alimentándose de grandes peixes en ríos e lagos. En terra firme tería que camiñar inevitablemente a catro patas dada a morfoloxía das súas extremidades. O espinosaurio, co seu fociño como o dun crocodilo, o seu longo colo e o seu corpo... "parecería un parrulo coa cola dun caimán pegada", manifestase no estudo publicado na revista Science, sobre este animal, de hai 97 millóns de anos.

O S. aegyptiacus, como especie, conecíase dende hai máis dun século, cando o alemán Ernst Freiherr Stromer von Reichenbach describiu (en 1915) uns fósiles que encontrara no Sahara exipcio. Pero aqueles restos resultaron destruídos no bombardeo aliado de Múnic de 1944. Agora un equipo internacional de paleontólogos deu cun novo esqueleto parcial deste dinosauro xigante no Sahara marroquí (na zona de Kem Kem); rastrexou fósiles dispersos depositados en museos de todo o mundo; revisou as notas, esquemas e fotos de Von Reichenbach conservadas no castelo da familia (en Baviera) e aplicou escáneres e tecnoloxías avanzadas de imaxe por ordenador para reconstruír o animal. O resultado dá un xiro radical non só ao coñecemento que se tiña do espinosaurio, senón dos dinosauros en xeral.

Reconstrucción digital del esqueleto del Spinosaurus aegyptiacus / science (aaas)

Aínda que non é o dinosauro máis grande que se coñece (son maiores os herbívoros descubertos, por exemplo, en Arxentina), o espinosaurio é o de maior tamaño entre os predadores. Pero o que resulta del cegador para os científicos son as súas adaptacións para a vida acuática. Tiña pequenos orificios nasais atrasados no cranio, o que lle permitiría respirar aínda que tivese boa parte do fociño mergullado. As perforacións neurovasculares no extremo do fociño recordan as dos caimáns e crocodilos, que teñen receptores de presión para percibir o movemento na auga, o que facilita a detección das presas mesmo en augas escuras ou lamacentas. Os enormes dentes cónicos encaixan de maneira que as presas quedarían atrapadas sen remedio na súa boca. O centro de gravidade desprazado cara a diante (polo colo e o madeiro alongados) facilitaría os seus movementos na auga, aínda que non en terra, onde sería cuadrúpede. A alta densidade dos ósos facilita a inmersión e é unha adaptación coñecida noutros animais acuáticos. As poutas grandes e planas axudaríanlle a nadar, e a cola articulada, a propulsarse.

Unha característica moi peculiar do espinosaurio e que ten unhas grandes espiñas nas vértebras dorsais que estarían cubertas de pel, formando unha xigantesca vela nas costas. Os científicos inclínanse a pensar que era un trazo de exhibición sexual, unha gran crista visible fose da auga cando o animal estivese mergullado.

FONTE: Xornal El País/Ciencia

0 comentarios