Facebook Twitter Google +1     Admin

AVALIACIÓN GLOBAL DOS OCÉANOS

Publicado: 17/08/2012 09:13 por vgomez en ZONA VERDE
20120816112635-avaliacion-global-dos-oceanos.jpg

Avaliación global dos océanos / BEN HALPERN AND COLLEAGUES / NCEAS 2012

Dos 7.000 millóns de persoas que habitan o planeta, máis do 40% viven preto da costa mariña e interactúan co océano dunha ou doutra maneira. As poboacións obteñen alimentos, exploran o litoral para o turismo e as actividades de lecer; pescan; desenvolven economías costeiras, protexen as augas e a biodiversidade... ou non. Cómo medir o efecto de toda esta actividade en todos os países?

Un equipo científico internacional elaborou unha especie de termómetro, un indicador co que avalía a saúde do océano trala interacción coa especie humana. O seu diagnóstico global, en forma de puntuación, é de seis sobre 10. O termómetro permite calcular a puntuación de todos os países do planeta que miran ao mar atendendo ás súas condicións ecolóxicas, sociais e económicas. É a primeira avaliación global da saúde do océano, segundo os expertos da Universidade de British Columbia (Canadá) que interviron na súa elaboración.

A pesar da media de 6 para todo o mundo (ou 60 sobre 100 nos seus datos), os extremos son notables: a peor nota, un 3,6 sobre 10, lévaa Serra Leona e a mellor, 8,6 é para unha illa prístina no Pacífico sur (Jarvis). España sitúase case na media mundial cun 5,8. Só o 5% dos países superan o sete, mentras que o 32% suspende, con notas inferiores ao cinco.

En xeral, conclúen os investigadores á vista dos datos, os países desenvolvidos tratan mellor aos seus mares que os países en vía de desenvolvemento, pero a variación e as excepcións son notables, advierten. Ningún país supera o 8,6 de cualificación e a maioría está por debaixo do 7.

Cualificación: NM (Necesita Mellorar)!

FONTE: Xornal El País/Ciencia

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.





Archivos

Ms

contador de visitas

Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris
Plantilla basada en el tema iDream de Templates Next