COGOMELOS
Chegou o outono (aínda que cunha temperatura fóra do normal) e despois duns días de choiva escomenzan a aparecer polos nosos montes os primeiros cogomelos.
Este mundo da micoloxía e fascinante, pero no que se precisa unha formación previa, sobre todo para evitar accidentes e confusións que poden pagarse moi caras. Esta formación pasa por ir acompañados sempre dunha persoa coñecedora do lugar e das especies que se pretender recolectar. Tamén é preciso ter ou consultar algunha guía que poidan resolver dúbidas ou que podan permitirnos investigar. Empregade cesta e navalla para cortar. Finalmente, disfrutade do monte, dos paseos e da compaña pero sempre trespectando a natureza.
Dende hoxe contaredes cunha guía para consulta pinchado en GUÍA DE FUNGOS E COGOMELOS ou ben no ENLACE do mesmo nome.
0 comentarios