Blogia
vgomez

UNHA IDEA PARA LIMPAR O MAR DOS PLÁSTICOS

 

Buscáronse moitos nomes para tentar describir os materiais que flotan no Pacífico Norte, aproximadamente entre os 135 e os 155 graos de lonxitude Oeste e os 35 e 42 graos de latitude Norte. Hainos poéticos, o sétimo continente, e descritivos, illa de plástico, pero tamén os que se deixan de eufemismos para chamar ás cousas polo seu nome: illa tóxica ou illa de lixo.

Os científicos non se poñen de acordo acerca das dimensións desta concentración de plástico (que provén nun 80% das costas estadounidenses e asiáticas), pero hai estimacións que van desde os 700.000 ata os 15 millóns de metros cadrados. Tamén existen outras manchas no Atlantico e no Índico.

Hai investigadores que traen novas e revolucionarias propostas que poden terminar con este desastre. Un deles é Aboian Slat, un mozo holandés que, con tan só 21 anos, ideou un sistema co que promete limpar todo este lixo nun tempo récord. A compañía que el mesmo creou chámase The Ocean Cleanup e o seu proxecto consiste en instalar barreiras flotantes no océano que, aproveitando as correntes mariñas, as que causan a concentración de plástico, atraerán os desfeitos para poder recollelos e reciclalos sen danar a fauna da zona. Aínda que, debido principalmente á súa mocidade, Slat tivo que enfrontarse a quen tachaba a súa idea de estrafalaria e pouco efectiva, as voces en contra víronse silenciadas pola efectividade das probas realizadas ata a data. Desde The Ocean Cleanup aseguran que unha soa barreira de 100 quilómetros de lonxitude podería recoller o 42% do lixo plástico do Pacífico Norte en 10 anos (uns 70 millóns de quilogramos) a un custo de 4,53 euros por quilo. Moito máis barato e en moito menos tempo, calculouse que nos levaría séculos tentalo cos métodos tradicionais, que todo o que se probou ata agora.

O proxecto xa está en fase de probas e Aboian Slat confía en que a súa idea estea a funcionar a pleno rendemento cara ao ano 2020. A degradación ambiental é un problema ineludible e a actitude do investigador holandés é, sen dúbida, a única correcta para encarar a solución a este tipo de desastres: “a cuestión non é se podemos facelo, a pregunta é como podemos facelo da forma máis rendible posible”.

FONTE: José L. Álvarez Cedena/Xornal El País

0 comentarios