O SER VIVO MÁIS VELENOSO QUE SE COÑECE
De outubro a maio, ninguén se mete na auga nas praias de Queensland, ao nordés de Australia. E non porque a auga estea fría, senón porque as cubomedusas (Chironex fleckeri), tamén coñecidas como medusas cofre ou avesporón de mar, achéganse á costa para reproducirse.
A pesar do seu aspecto inofensivo, esta criatura de entre dez e vinte centímetros é o ser vivo máis letal da Terra. Os seus tentáculos, de ao redor dun metro de longo, teñen miles de cnidoblastos, células urticantes cun filamento arponado e retráctil (nematocisto) que se disparan inxectando un potente veleno neurotóxico, cardiotóxico e citotóxico, "unha carga mortífera que liquidaría ao equivalente a unha habitación chea de xente". O máis leve rozamento produce unha súbita e indescritible dor, tan intensa que pode inducir un shock e facer que a vítima se afogue, de non morre antes por fallo respiratorio ou colapso cardiovascular.
FONTE: Isidoro Merino/Xornal El País
0 comentarios