DISFRUTAR DA NATUREZA NO VERÁN
Taramundi / Imaxe: TripAdvisor
España non é só turismo de sol e praia na época estival, senón que tamén propón gozar de toda clase de belas contornas naturais. Este artigo ofrece 10 plans de natureza para o verán: desde divertirse en parques naturais con praias e ver os mellores atardeceres, ata escoller os mellores sitios para ver as estrelas. Esta proposta parte da idea de que os lugares atópense preto de A Guarda.
1. Un parque natural que ademais ten praia
Monte ou praia? Nos parques naturais costeiros españois non fai falta enfrontarse a ese dilema, porque se pode gozar de ambas as contornas. Un par de exemplos: o complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán (A Coruña) ou Lago de Sanabria (Zamora).
2. Un atardecer espectacular en plena natureza
Contemplar un atardecer nun belo espazo natural é unha das experiencias máis recomendables. Un exemplo: as Medulas, na zona do Bierzo (León).
3. Unha zona natural para ver ben as estrelas
Despois dun bonito atardecer, un final do día redondo pode ser gozar dun espazo natural baixo un ceo estrelado. Para conseguilo é necesario fuxir da contaminación lumínica dos núcleos urbanos e elixir algún sitio como Pena Trevinca (A Veiga, Ourense).
4. Unha excursión en barco para descubrir a natureza mariña
A escasas millas da costa de varias localidades do noso país pódense observar unha gran variedade de especies de cetáceos e de aves mariñas. Trátase dunha boa experiencia mentres se navega en barco e gózase do mar e a natureza do litoral. Diversas organizacións, institucións e empresas ofrecen excursións como O Grove (Pontevedra).
5. Unha zona rural para escaparse da cidade
Un plan estival alternativo aos clásicos poden ser as zonas rurais. Nelas pódense contemplar belas paisaxes sen aglomeracións de xente, probar todo tipo de actividades ao aire libre como o sendeirismo ou deleitarse con diversas propostas gastronómicas e culturais. Un par de exemplos: Ribadeo (Lugo) ou Tarmundi (Principado de Asturias).
6. Un baño nunha piscina natural
As piscinas naturais aproveitan as condicións da contorna como alternativa a destinos máis convencionais como as praias. España posúe unha gran variedade piscinas en plena natureza e nas que, como en calquera espazo natural, hai que comportarse de maneira ecolóxica para coidalas: A Chavasqueira (Ourense) é un bo exemplo.
7. Un paseo por unha Vía Verde
O Programa Vías Verdes transforma desde 1993 antigos trazados ferroviarios en percorridos cicloturistas e peonís. Na actualidade, hai 113 itinerarios e máis de 2.500 quilómetros dispoñibles en todo o país, con percorridos seguros e polo xeral por zonas chairas ou con suaves pendentes. Un exemplo: a Senda do Oso (Principado de Asturias).
8. Unha visita a unha reserva da biosfera
España é o país do mundo con máis reservas da biosfera recoñecidas pola Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO), en concreto 48, incluídas tres transfronteirizas con Portugal e a única Reserva Intercontinental declarada ata a data, entre España e Marrocos. As posibilidades son por tanto moi variadas. Un par de exemplos: Geres-Xures (Portugal-Ourense) e Picos de Europa (Cantabria).
9. Un museo da natureza
Un plan de natureza sen saír da contorna urbana é visitar algún centro educativo ambiental. Segundo a cidade, as opcións son diversas: museos da ciencia e da natureza con exposicións, áreas recreativas, espazos lúdico-educativos, acuarios para descubrir a biodiversidade mariña; xardíns botánicos para coñecer as especies arbóreas e de flora, etc. Un exemplo: o Aquamuseu de Vilanova de Cerveira (Portugal)
10. Un hotel nunha árbore
A opción de hospedarse nun hotel de natureza pode ser aínda máis especial se se elixe unha cabana nunha árbore. Nelas pódese contemplar as vistas dunha contorna natural única, contan con todo tipo de servizos, tanto na propia habitación como no resto de instalacións, e intégranse no conxunto das árbores e os espazos naturais onde se sitúan. Un exemplo: Cabañitas del bosque (Outes-A Coruña).
Como vedes 10 posibilidades, preto de A Guarda, para escoller ou combinar durante este verán e disfrutar da natureza, sen olvidarnos da nosa localidade e a súa contorna que reune case todas as posbilidades citadas anteriormente.
Disfruta do verán na naturaza!
FONTE: Revista Consumer/Medio Ambiente
0 comentarios