Blogia
vgomez

VIVIR SEN XERAR LIXO



Por definición, canto menos tes, menos hai que almacenar, limpar e manter”. A idea de Bea Johnson, que grazas a un libro e as súas conferencias converteuse nunha especie de gurú da reciclaxe, parece sinxela. Pero nun mundo no que estamos afeitos acumular posesións (dende as máis valiosas ás máis estúpidas) seguir os seus consellos non é tan sinxelo. Esixe, para empezar, dunha forte dose de concienciación respecto ao futuro do noso planeta e, por suposto, tamén a determinación de cambiar de hábitos. E é precisamente nesta segunda cuestión na que a francesa é unha auténtica experta, tanto que foi capaz de converter os seus consellos nun libro, Residuo cero en casa. Guía doméstica para simplificar a nosa vida, que se traduciu a 20 idiomas e chegou a  bestseller en varios países. Unha mostra, asegura Johnson, de que o tema da diminución de residuos en casa interesa (e moito) “aínda que ao principio burlásense de nós”. Cando fala en plural Johnson refírese á súa familia, a quen converteu nos seus máis firmes aliados, e con quen protagoniza fotografías e vídeos tanto en  Instagram como en Youtube onde acumula subscritores e centos de miles de visualizacións.

Cada un de nós xera de media un quilo e medio de residuos diarios. Uns 440 quilos anuais. Por residuos entendemos todo aquilo que acaba no vertedoiro ou a incineradora sen posibilidade de ser reciclado. Case media tonelada en envases de plástico,  bricks, bolsas, latas, pilas, aparellos electrónicos, etcétera. Segundo un informe do Banco Mundial publicado en 2016, en todo o planeta producimos 1.300 millóns de toneladas ao ano. Unha cifra que non para de crecer e que podería converterse en insustentable se non facemos algo para evitalo pronto. Obviamente son necesarias políticas públicas e unha forte concienciación por parte das grandes empresas (os xigantes da alimentación, por exemplo, están na actualidade ofrecendo compromisos para reducir os envasados plásticos) para reverter esta tendencia. Pero tamén é certo que o que cada un faga en casa pode axudar moito. E é aquí onde entran en xogo as prácticas que leva desenvolvendo Bea Johnson durante unha década. O resultado, segundo mostra ela mesma na súa web, é rechamante: todos os residuos que xeran na súa familia durante un ano caben nun tarro de cristal. Agora, imaxinemos as centos de bolsas que cada un de nós depositamos no lixo e darémonos conta de que, polo menos, merece a pena escoitar o que Johnson quere propoñernos. Porque o que propón convennos.

O método Residuos Cero que defende a autora francesa está resumido en cinco normas: rexeitar (“esta é a máis importante, aprender a dicir que non a aquilo que non necesitamos”), reducir, reutilizar, reciclar e compostar. Na súa familia levan unha década practicándoo e parece que non lles funciona mal: “centrámonos en ser, en lugar de en ter” di Johnson.

FONTE: José  L. Álvarez  Cedena/elpais.es

0 comentarios