Blogia
vgomez

INNOVACIÓN AO SERVICIO DAS ENERXÍAS RENOVABLES

 

A Cumbre de París (2016) pechouse cun tratado histórico contra o cambio climático. Os 195 países asinantes, case todos os do mundo, adoptaron unha alianza para frear o quecemento global orixinado polo ser humano. Aqueles que o subscribiron deben reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro, aínda que agora EEUU con Trump di "xa veremos". A parte crucial para o futuro do planeta.

Paralelamente hai quen investiga vías alternativas e apostan por manipular o clima e o ecosistema con avanzadas tecnoloxías para mitigar as súas causas e as súas consecuencias. Hoxe veremos unha proposta de turbina eólica..

Unha solución fronte ao impacto paisaxístico dos muíños de vento propona a empresa francesa Newwind, creadora de Wind Tree: unha turbina eólica que se camufla, grazas á súa forma, entre as árbores urbanas. Cada folla, chamada Aerolaf, funciona como un pequeno aeroxerador que, en conxunto co resto "pode producir electricidade suficiente para proporcionar ata un 80% da potencia eléctrica media dun fogar europeo", tal e como explica a compañía. As Aeroleaf aproveitan a máis mínima brisa de vento e son moi resistentes e independentes, é dicir, se unha deixa de funcionar as demais non ven afectadas.

Unha boa alternativa!

FONTE: Pablo Albacete/Xornal El País

0 comentarios