A NACRA EN PERIGO DE EXTINCIÓN
O Parque Nacional Marítimo-Terrestre do Aquipélago de Cabrera “escondía” nos seus fondos mariños unha xoia: a nacra (Pinna nobilis). Un dos moluscos bivalvos máis grandes do mundo, tras a ameixa xigante. Similares a descomunais mexillóns, as nacras alcanzan os 120 centímetros de lonxitude. Só seatópan no Mediterráneo e, como chegan a vivir case 30 anos, os submarinistas habituais case as coñecen con nome e apelidos.
Pero algo está a pasar. En setembro do ano pasado empezou a detectarse a morte xeneralizada das nacras no litoral de Andalucía, Región de Murcia, Comunidade Valenciana e Illas Baleares. A mortalidade chega practicamente ao 100% en todas partes ata as costas catalás, o actual límite da “peste”.
Si, peste, pois é o que é. Durante meses, os expertos asistiron impotentes ao misterioso exterminio. Agora, cren saber quen é o culpable: un protozoo haplosporidio. Un parasito, de orixe descoñecido, dunha soa célula que libera as súas esporas na glándula dixestiva das nacras ata que estas non poden alimentarse e morren de fame. O fondo mariño está cheo de xigantescos cadáveres do molusco.
A nacra considerábase “vulnerable” no Catálogo Español de Especies Ameazadas, pasou en marzo a “en perigo de extinción” e agora tramítase a súa “situación crítica”, segundo confirma un portavoz do Ministerio de Medio Ambiente.
O Ministerio considera agora “prioritario” atopar exemplares vivos do molusco nas zonas devastadas polo parasito, para tentar levar a cabo programas de cría en catividade de individuos resistentes, para o seu reintroducción a longo prazo.
A extinción da nacra supón a desaparición dun gran filtrador das augas do Mediterráneo, que ademais actuaba como un pequeno arrecife que daba soporte a 80 especies diferentes.
Tarefa complicada!
FONTE: Manuel Ansede/Xornal El País/
0 comentarios