MÚSICA COMPOSTA POR MÁQUINAS
Si, é certo, hai xa décadas que os Beatles non existen, pero non hai nada imposible para a Intelixencia Artificial (AI). E para demostralo, un equipo de enxeñeiros do Laboratorio de Investigación CSL, de Sony, acaba de publicar dúas cancións, unha delas inspirada no estilo inconfundible dos de Liverpool, pero compostas enteiramente por unha máquina, e non por músicos de carne e óso. Os temas, "Daddy’s Car" e "Míster Shadow", son os primeiros totalmente creados por unha AI, e son o adianto dun álbum moi especial que Sony publicará en 2017.
Para conseguir estes sorprendentes resultados, os investigadores desenvolveron un sistema intelixente, chamado Flow Machines, que é capaz de aprender estilos musicais a partir dunha extensa base de datos de cancións. Combinando técnicas de transferencia, optimización e interacción de estilo, Flow Machines é capaz de compoñer novas cancións no estilo que se lle pida.
"Daddy’s Car", foi composta segundo o estilo dos Beatles, e os seus creadores cren que o tema podería perfectamente incluírse no álbum "Revolver" do grupo británico. Os arranxos e a letra son "humanos" e foron engadidos polo compositor francés Benoît Carré.
"Mr. Shadow", pola súa banda, ten un estilo moi diferente e afastado do da banda máis famosa de todos os tempos. O tema lembra máis ben a algo de Duke Ellington, George Gershwin ou Cole Porter.
Para o resto dos temas do álbum AI, haberá que esperar ao ano que vén.
Xulgade vós mesmos!
FONTE: Xornal abc/ciencia
0 comentarios