Blogia
vgomez

"LAST CHRISTMAS" DENDE RUSIA

 

En plena Praza Vermella de Moscova, o Conxunto de Canto e Danza da Garda Nacional Rusa interpreta nun vídeo musical a famosa canción do Nadal "Last  Christmas", do grupo Wham! (dúo británico de pop, creado en 1981 por George Michael e Andrew  Ridgeley, ata que se separaron en 1986).

O vídeo conmemora o segundo aniversario do falecemento do autor da canción, George Michael, quen morreu o 25 de decembro de 2016 á idade de 53 anos.

0 comentarios