Blogia
vgomez

A GRANDEZA DUNHA NAI QUE CREU NO SEU FILLO

 

Axudarnos a identificar e conquistar a emoción do medo é un dos grandes obxectivos de Pilar Jericó. É doutora en Organización de Empresas e posúe unha ampla formación internacional con estudos de especialización en  Harvard e na Universidade de  California, entre outras. Escritora, profesora na Universidade Carlos III e en diferentes escolas de negocio, de forma paralela á súa actividade docente, Pilar Jericó dedícase á divulgación sobre temas como o desenvolvemento persoal e o liderado a través de conferencias e colaboracións en medios de comunicación. Jericó foi galardoada como unha das 100 Mulleres Líderes en España. Pilar fai fincapé en títulos como ‘Non Medo’, ‘Poderosamente fráxiles’, ‘E se realmente puidésemos?’, na educación e a confianza como o mellor antídoto para enfrontarnos ás nosas incertezas cotiás, e desta maneira, aprender a educar no “non medo” aos nosos fillos: “Os nosos fillos son os nosos mestres, son os nosos espellos daquelas dificultades que ás veces temos”. A cultura, a educación e os reforzos positivos son capaces de xestionar os medos innatos, conclúe Jericó.

0 comentarios