Facebook Twitter Google +1     Admin

UNHA POSTAL ÚNICA DO UNIVERSO

Publicado: 30/09/2012 21:16 por vgomez en NOTICIAS DAS CIENCIAS
20120926172913-690957main1-p1237a1-673.jpg

A imaxe máis afastada do Universo captada polo telescopio espacial "Hubble" / NASA

O telescopio "Hubble" captou a imaxe máis afastada tomada ata o momento do Universo. Unha masa de galaxias distantes que se remontan ata o primeiro momento no que as estrelas comezaron a brillar.

O telescopio necesitou numerosas observacións para chegar ao chamado Extreme Deep Field (XDF) no que revelou miles de galaxias. Esta postal única do Universo foi construída a partir de 2.000 imaxes tomadas polas dúas cámaras instaladas no telescopio durante os últimos dez anos.

A observación foi extremadamente complexa. Ademais de observar unha porción do ceo durante máis de 500 horas para detectar toda a luz, o "Hubble" tivo que ir máis alá do visible por métodos comúns, xa que detectou galaxias que se encontran no límite das capacidades de observación do telescopio.

Das máis de 5.000 galaxias observadas, unha delas xurdiu apenas 450 millóns de anos tras o Big Bang e polo tanto atópase na orixe do Universo.
Esta galaxia converterase nunha das ferramentas esenciais para a astronomía nos próximos anos. Os obxectos detectados serán seguidos agora por outros telescopios e ocupará aos científicos durante anos no estudo da historia e evolución da galaxia.

A imaxe será actualizada de novo cando entre en funcionamento o sucesor do "Hubble", o telescopio James Webb Space que se poñerá en órbita en 2018. Con esa nova xeración preténdese superar os límites actuais e ir máis alá na observación do Universo.

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.