Blogia
vgomez

IMAXES DUNHA LURA XIGANTE

 

Estas son as primeiras imaxes do cefalópodo de tres metros de longo saíndo da escuridade a un quilómetro baixo a superficie e que foron tomadas o pasado xullo preto das illas Ogasawara , ao sur de Tokyo e que forman parte dun documental que se emitíu onte en Xapón e o próximo día 27 en EEUU. Aínda que a besta é pequena comparada cunha lura xigante estándar (o máis grande xamais capturado tiña 18 metros de longo, tentáculos incluídos), filmala no seu misterioso hábitat natural foi un paso clave para comprender como é a vida deste animal.

A clave do éxito para obter esta imaxes,  foi un pequeno somerxible equipado con luces invisibles aos ollos humanos e dos cefalópodos. O científico, unha cámara e o piloto do somerxible baixaron silenciosamente ata 630 metros e lanzaron outra lura dun metro de longo como cebo. En total, descenderon ao redor de 100 veces. Cando por fin a lura se aproximou empezaron a filmar e seguírona nas profundidades ao redor de 900 metros.

As imaxes, filmadas pola cadea xaponesa NHK e Discovery Channel son "as primeiras dunha lura xigante viva".

FONTE: Xornal abc/Ciencia

0 comentarios