Facebook Twitter Google +1     Admin

BABOSA DE MAR CON PENE "DESBOTABLE"

Publicado: 14/02/2013 10:00 por vgomez en CURIOSIDADES
20130213225318-babosa-pene-644x382.jpg

A babosa Chromodoris reticulata ten un pene "desbotable" / MATTHEW OLDFIELD

Científicos da Universidade de Tokyo descubriron en augas do Pacífico unha babosa de mar hermafrodita cunha incrible capacidade. A criatura perde o seu pene despois de copular pero, atención, pouco despois vólvelle medrar e pode utilizalo outra vez. Os investigadores cren que é o primeiro ser coñecido que pode copular en repetidas ocasións co que describen como un "pene desbotable".

A Chromodoris reticulata, como case todas as babosas, son hermafroditas simultáneos, o que significa que teñen ambos os dous sexos, masculino e feminino, e poden utilizar os dous ao mesmo tempo. O pene dun exemplar encaixa na vaxina doutro e ao revés. Ambos os dous doan e reciben esperma. Pero os órganos sexuais da Chromodoris son aínda máis asombrosos.

Segundo explican na
revista Biology Letters da Academia das Ciencias británica os científicos observaron 108 acoplamentos de parellas de babosas nun acuario. Decatáronse de que os exemplares que doaran esperma recentemente parecían ser incapaces de facelo de novo en 24 horas. Cando os científicos os observaron con detemento, quedaron estupefactos. Os animais quedaban sen pene, que fora «arrancado» polas súas parellas. Estas conservábano uns vinte minutos ata que se desfacían deles.

Pero a súa estraña vida sexual non remata aquí. Grazas a unha estrutura en espiral que parece ser un «pene en espera», 24 horas despois ás babosas médralles un novo pene, coma se fose un órgano de usar e tirar. O animal pode utilizar esta técnica tres veces seguidas. Os científicos cren que perder o pene é unha estratexia para eliminar o esperma dun rival da vaxina da súa parella, xa que os penes teñen pequenas espiñas e estas espiñas a miúdo se recobren con seme despois de retiralo dunha parella sexual.

Hai que ver cada cousa!

FONTE: Xornal abc/Ciencia

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.





Archivos

Ms

contador de visitas

Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris
Plantilla basada en el tema iDream de Templates Next