BABOSA DE MAR CON PENE "DESBOTABLE"
								
				
				A babosa Chromodoris reticulata ten un pene "desbotable" / MATTHEW OLDFIELD
Científicos da Universidade de  Tokyo descubriron en augas do Pacífico unha babosa de mar hermafrodita  cunha incrible capacidade. A criatura perde o seu pene despois de  copular pero, atención, pouco despois vólvelle medrar e pode utilizalo  outra vez. Os investigadores cren que é o primeiro ser coñecido que pode  copular en repetidas ocasións co que describen como un "pene  desbotable".
A Chromodoris reticulata,  como case todas as babosas, son hermafroditas simultáneos, o que  significa que teñen ambos os dous sexos, masculino e feminino, e poden  utilizar os dous ao mesmo tempo. O pene dun exemplar encaixa na vaxina  doutro e ao revés. Ambos os dous doan e reciben esperma. Pero os órganos  sexuais da Chromodoris son aínda máis asombrosos.
Segundo explican na revista Biology Letters da  Academia das Ciencias británica os científicos observaron 108 acoplamentos de parellas de  babosas nun acuario. Decatáronse de que os exemplares que doaran esperma  recentemente parecían ser incapaces de facelo de novo en 24 horas.  Cando os científicos os observaron con detemento, quedaron estupefactos.  Os animais quedaban sen pene, que fora «arrancado» polas súas parellas.  Estas conservábano uns vinte minutos ata que se desfacían deles.
Pero  a súa estraña vida sexual non remata aquí. Grazas a unha estrutura en  espiral que parece ser un «pene en espera», 24 horas despois ás babosas médralles un novo pene, coma se fose un órgano de usar e tirar. O animal  pode utilizar esta técnica tres veces seguidas. Os científicos cren que  perder o pene é unha estratexia para eliminar o esperma dun rival da  vaxina da súa parella, xa que os penes teñen pequenas espiñas e estas  espiñas a miúdo se recobren con seme despois de retiralo dunha parella  sexual.
Hai que ver cada cousa!
FONTE: Xornal abc/Ciencia
0 comentarios