CASUALIDADE? ASTEROIDE 2012 DA14 E UN METEORITO QUE CAE SOBRE OS URAIS
Mentres todo o mundo estivo pendente onte,venres, do asteoride 2012 DA14 , que pasou preto da Terra, outra rocha celeste entraba na atmosfera unhas horas antes, de modo completamente imprevisto e provocando máis de 500 feridos na provincia de Cheliábinsk nos Urais, e arredores.
Na zona hai unha central nuclear e un centro de tratamento e almacenamento de residuos atómicos. Se foi unha casualidade, como se inclinaban os expertos, foi unha tremenda casualidade. Tamén tense barallado a posibilidade de que ámbolos dous obxectos celestes (o asteroide duns 50 metros de diámetro e o meteorito de 15) estivesen relacionados e que o meteorito fose unha pequena rocha desprendida do asteroide. Pero en tal caso terían levado o mesmo rumbo no ceo e non parece que fose así. A NASA descartouno, aínda con datos preliminares: "A traxectoria do meteorito que caeu en Rusia é significativamente diferente da traxectoria do asteroide 2012 DA14, o que significa que se tratou de obxectos que non teñen ningunha relación".
FONTE: Xornal El País/Ciencia
0 comentarios