Facebook Twitter Google +1     Admin

ANDORCA: BALEA OU GOLFIÑO?

Publicado: 02/03/2013 13:11 por vgomez en CURIOSIDADES
20130302131020-candorca.jpg

Andorca (Orcinus orca) / Imaxe: www.elhogarnatural.com

As baleas orcas, en galego candorcas, tamén coñecidas como orcas asasinas, gobernan o mar. Os únicos perigos aos que se enfrontan son os seres humanos, xa que non existe outra criatura no mar que poida ser unha ameaza para elas.

As candorcas (Orcinus orca) pertencen á orde Cetacea, familia Delphinidae, polo que en realidade son delfíns, de feito é o delfín máis grande que existe, a pesar de chamalas "baleas".

As candorcas son principalmente depredadoras, capaces de atacar mesmo a baleas (zanón pola que os baleeiros españois do século XVIII ao velas alimentarse de baleas denomináronas asasinas de baleas. Dise que un tradutor cometeu un erro ao traducir a frase ao inglés, traduciuna como killer whale, o que á súa vez en español quere dicir balea asasina) e a varios outros mamíferos mariños como focas ou leóns mariños. Non obstante, son consideradas como un dos animais máis fastosos do mundo.

As andorcas locen máis como baleas pequenas que como delfíns. De feito a IWC (Comisión Baleeira Internacional) inclúenas na súa lista de baleas. Ao longo da historia moitos baleeiros cazáronas; en 1979 os soviéticos mataron a case 1.000 exemplares no Antártico. Debido a que as baleas grandes están en perigo de extinción, algúns baleeiros optaron por cazalas, xa que estas non están ameazadas.

Un cúmulo de circunstancias facilitan esta confusión tan xeralizada!

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.