Blogia
vgomez

DESCUBERTAS NOVAS ESPECIES NOS MARES DE ESPAÑA

DESCUBERTAS NOVAS ESPECIES NOS MARES DE ESPAÑA

Exemplar de golfiño común / ALNITAK

A partir de finais de 2013 España aumentará de forma notable as súas áreas mariñas protexidas. Ese é o compromiso anunciado polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio (MAGRAMA), que quere cumprir así co obxectivo marcado, por Europa de crear unha ampla rede comunitaria de espazos mariños protexidos. Completaríase deste xeito a chamada Rede Natura 2000, un catálogo dos espazos con máis valor biolóxico da UE que ata agora está moi desenvolvido en terra pero que non o está tanto no medio oceánico. En concreto, un 27,13% do territorio español forma parte da Rede Natura 2000. Son case 15 millóns de hectáreas, pero delas só un millón corresponden a superficie mariña, a maior parte reservas pesqueiras próximas á costa.

Para detectar cales son as zonas mariñas susceptibles de pasar a integrar ese catálogo de espazos de valor ambiental, púxose en marcha en 2009 o proxecto LIFE+ INDEMARES. A Fundación Biodiversidade coordina este proxecto no que participan nove socios: o MAGRAMA, o Instituto Español de Oceanografía (IEO), o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), ALNITAK, a Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños, OCEANA, a Sociedade para o Estudo dos Cetáceos no Arquipélago Canario, SEO/BirdLife e WWF España.

A finais do ano 2012 remataron todas as campañas oceanográficas de investigación centradas no estudo dos ecosistemas e grupos de fauna considerados preferentes pola UE, como son os hábitats de profundidade, os cetáceos, as tartarugas e as aves oceánicas. Agora, acaba de presentarse en Madrid o resultado destes campañas oceanográficas, nun seminario organizado pola Fundación Biodiversidade.

En total, estudáronse 3,6 millóns de hectáreas repartidas en 10 áreas mariñas que se encontran na rexión atlántica (Canón de Avilesino, Banco de Galicia, Chemineas de Cádiz) na mediterránea (Seco das Oliveiras, lsla de Alborán e conos volcánicos, Delta do Ebro-Columbretes, Canón de Creus, Canle de Menorca) e na rexión Macaronésica (Banco da Concepción e Sur de Fuerteventura).

Realizáronse   máis de 100 campañas oceanográficas, que levaron a descubrir especies novas para a ciencia e a confirmar o alto valor ecolóxico das áreas de estudo," moitas delas situadas en alta mar.

Un exemplo é o traballo levado a cabo na illa de Alborán. Só nesa zona do Estreito se identificaron 675 especies diferentes. Delas, 13 resultaron probablemente novas para a ciencia e áchanse agora mesmo en estudo para confirmalo. Outras 10 especies representan novas citas para o mar Mediterráneo e 193 cítanse por primeira vez na plataforma de Alborán.

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia

0 comentarios