O MAR QUERE O SEU!
A Guarda/Zona inundable/Perigosidade para un período de retorno de 500 anos
Os graves efectos do temporal Gloria no litoral mediterráneo puxeron sobre a mesa debates que deberían tido lugar moito antes, antes de construír paseos marítimos por boa parte do litoral, gañar terreos ao mar ou deixar que a presión urbanística chegase a pé de praia, expondo a distintos perigos á poboación que vive nestas zonas.
A pesar de que a configuración do relevo da costa galega é moi diferente á levantina, con máis zonas de cantís, tamén é verdade que a capacidade destrutiva do Atlántico é moito maior que a do Mediterráneo.
Tanto a Xunta como Demarcación de Costas levan anos estudando as Áreas con Risco Potencial Significativo de Inundación (ARPSIs) por influencia mariña, ademais das que Augas de Galicia delimita nos cursos fluviais de competencia autonómica da demarcación Galicia Costa. A lonxitude do litoral con risco de inundación alcanzaría os 160 quilómetros, nunha primeira avaliación que foi revisada, en moitos casos á alza. A nosa provincia, Pontevedra, tería o 46 % destas zonas medidas linealmente, por diante da Coruña (37 %) e Lugo (17 %).
O mar quere o seu!
FONTE: Pablo González/lavozdegalicia.es
0 comentarios