ANIMAIS EXTINTOS V
Continúo coa serie adicada a animais extintos. A extinción dunha especie animal ocorre cando morre o último membro individual desa especie. Aínda que unha especie pode estar extinta na natureza, a especie non se extinguirá ata que cada individuo, independentemente da súa localización, catividade ou capacidade de reprodución, morrese.
Se onte falamos da pomba migratoria, hoxe tócalle o turno á...
5. Rinoceronte negro occidental
Foi a subespecie máis rara de rinoceronte negro. Esta subespecie unha vez vagou polo África subsahariana, pero foi vítima da caza furtiva. A súa poboación era de centos en 1980, e caeu a 10 en 2000. Apenas cinco anos despois xa non se conseguía observar a ningún. Finalmente, a UICN (Unión Internacional para a Conservación da Natureza) declarouno extinto en setembro de 2011. Medía entre 3-3.8 metros de longo e 1.4-1.7 metros de alto. Pesaba entre 800-1300 kg. e tiña dous cornos. Precisamente a crenza de que os seus cornos tiñan propiedades medicinais, conduciron a unha exacerbada caza furtiva.
Continuará...
FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es/natureza
0 comentarios