Blogia
vgomez

XV EDICIÓN PREMIOS FRONTEIRAS DO COÑECEMENTO: CAREGORÍA CIENCIAS BÁSICAS

 

Os físicos Paul Corkum, Anne L’Huillier e Ferenc Krausz / Fundación BBVA

Tres físicos observaron o attosegundo, o equivalente á trillonésima parte dun segundo, unha escala temporal á que lograron captar o movemento dos electróns grazas ao desenvolvemento de técnicas científicas de vangarda. Trátanse de Anne L’Huillier (París-Francia, 1958) Universidade de Lund, Paul Corkum (Saint John-Canadá, 1943), da Universidade de Ottawa e Ferenc Krausz (Mór-Hungría, 1962), do Instituto Max Planck de Óptica Cuántica, que por este logro foron galardoados co Premio Fronteiras do Coñecemento na categoría de Ciencias Básicas da Fundación BBVA, na súa decimo quinta edición.

O xurado do galardón mencionou especialmente como o seu traballo con ferramentas láser na attofísica, pulsos de luz breves a escalas de tempo ultracortos, impulsou a súa aplicación en campos como a electrónica, o diagnóstico de enfermidades, o desenvolvemento de novos materiais e a procura de fontes limpas de enerxía.

Un attosegundo, é dicir, 0,000000000000000001 segundos, é aproximadamente o tempo que tarda a luz en atravesar un átomo e é a escala natural do movemento electrónico na materia, e por iso o xurado sinala que estes científicos demostraron como medir e controlar a transición dos electróns en átomos, moléculas e sólidos con pulsos de luz vía láser.

Grazas á attofísica, hoxe é posible realizar observacións directas de fenómenos da natureza que anteriormente estaban vetados á percepción humana.

As ferramentas desenvolvidas por L’Huillier, Corkum e Krausz son como unha cámara cun tempo de exposición tan asombrosamente ultrarrápido que é capaz de captar incluso o movemento dun electrón que tarda 150 attosegundos en dar unha volta completa en torno ao núcleo dun átomo de hidróxeno. A cámara é capaz de lanzar as fotos a intervalos dunha duración máis curta que o tempo que tarda o electrón en cruzar.

FONTE: elpais.com/ciencia

0 comentarios