Blogia
vgomez

XII PREMIOS FRONTEIRAS DO COÑECEMENTO 2019. CATEGORÍA CAMBIO CLIMÁTICO

XII PREMIOS FRONTEIRAS DO COÑECEMENTO 2019. CATEGORÍA CAMBIO CLIMÁTICO

 

O Premio Fundación BBVA Fronteiras do Coñecemento na categoría de Cambio Climático foi concedido na súa duodécima edición ao estadounidense Kerry Emanuel, “polas súas contribucións fundamentais á comprensión da física dos furacáns, e como se ve afectada polo cambio climático”, sinala a acta do xurado. As evidencias actuais sobre estes fenómenos climáticos extremos confirman a predición de Emanuel, feita a finais dos anos oitenta, de que agora hai furacáns máis intensos polo aumento de temperatura global.

Kerry Emanuel (Cincinnati, Ohio, EE UU, 1955), graduouse en Ciencias da Terra e do Planeta en 1976 no Instituto Tecnolóxico de Massachusetts e doutorouse en Meteoroloxía nesta mesma universidade en 1978. Ao acabar o doutoramento incorporouse ao Departamento de Ciencias Atmosféricas da Universidade de California en Los Ángeles, do que formou parte durante tres anos, salvo unha breve paréntese que dedicou a filmar tornados en  Oklahoma e Texas. En 1981 regresou ao Instituto Tecnolóxico de Massachusetts, no que desenvolveu a súa carreira investigadora e docente durante o últimas catro décadas. Desde 1987 é titular da Cátedra Cecil & Ida Green de Ciencia Atmosférica no Departamento de Ciencias da Terra, Atmosféricas e Planetarias (EAPS). Entre 1989 e 1997 dirixiu o Centro de Meteoroloxía e Oceanografía Física do EAPS e entre 2009 e 2012 o Programa en Atmosferas, Océanos e Clima dese mesmo departamento. En 2010 creou xunto a Daniel H. Rothman o Centro Lorenz, un think tank do MIT que impulsa enfoques creativos para comprender como funciona o clima e do que o propio Emanuel é  codirector.

Parabéns!

FONTE: premiosfronterasdelconocimiento.es

0 comentarios