APAGOUSE A VOZ CRÍTICA DE SOLE LUIS SAMPEDRO
José Luis Sampedro / Imaxe: Xornal abc
O escritor José Luis Sampedro faleceu, o pasado luns, aos 96 anos tras deixar un legado literario, artístico e económico á humanidade. As protestas sociais que xurdiron en España en maio de 2011(15M) encumbraron a súa figura, pois escribiu o prólogo español do libro considerado como o precursor do movemento, o "Indignádevos!" de Stéphane Hessel.
Nacido en Barcelona en 1917. Era membro da Real Academia Española e obtivo o Premio Nacional das Letras.
Para coñecer a súa forma de pensar e actuar nada mellor que ler o seu "Credo persoal":
Credo persoal (Tradución ao galego)
Creo na Vida nai Todopoderosa,
creadora dos ceos e da terra.
Creo no Home, o seu avanzado fillo,
concibido en ardente evolución,
progresando a pesar dos Pilatos
e inventores de dogmas represores
para oprimir a Vida e sepultala.
Pero a Vida sempre resucita
e o Home segue en marcha cara ao mañá.
Creo nos horizontes do espírito,
que é a enerxía cósmica do mundo.
Creo na Humanidade sempre ascendente,
Creo na vida perdurable.
Amén.
Descanse en paz!
0 comentarios