OCUPANTES DE CORPOS V: HYMENOEPIMECIS ARGYRAPHAGA
Larva da Hymenoepimecis argyraphaga adherida á Plesiometa argyra
Unha avespa de Costa Rica chamada Hymenoepimecis argyraphaga é protagonista dun dos casos de "posesión" parasitaria máis estraños do mundo. A avespa paraliza á araña Plesiometa argyra para adherirlle un ovo no seu abdome. Cando o ovo rompe, a larva perfora a pel da araña e vive de chuparlle o sangue. Pasado un tempo, inxecta á súa anfitriona unha substancia química que a obriga a tecer unha arañeira moi diferente á que faría normalmente. A larva mata e come a araña e tece un botón na arañeira, moi forte e deseñada especificamente con ese fin. Unha semana e media máis tarde, transfórmase nunha avespa.
FONTE: Xornal abc/Ciencia.
0 comentarios