O TEMPO
Reloxo de area / Imaxe:ecofin.es
Tempus fugit é unha expresión que aparece nun libro de poemas escrito polo poeta latino Virgilio co significado «O tempo escapa» ou «O tempo voa», invitando a non perdelo.
Imos reflexionas sobre este termo con frases propostas por personaxes moi coñecidos da historia:
A primeira foi proposta polo profeta fundador do islam Mahoma (570-632): "Non pasedes o tempo soñando co pasado e co porvir; estade listos para vivir o momento presente".
A segunda é do físico alemán de orixe xudeo, nacionalizado despois suizo e e estadounidense Albert Einstein (1879-1955): "Non penso nunca no futuro porque chega moi pronto".
A última é do pensador e político indio Mahatma Gandhi (1869-1948): "Un minuto que pasa é irrecuperable. Coñecendo isto, como podemos malgastar tantas horas?".
0 comentarios