Blogia
vgomez

FÓSILES VIVENTES

O termo fósil vivente utilízase para describir unha especie que permaneceu relativamente inalterada durante un longo período de tempo, quizá centos de millóns de anos. Noutras palabras, evolucionaron moi pouco desde que apareceron na Terra, e iso é un signo de que o seu proceso de evolución foi un éxito e permitiulles sobrevivir durante tanto tempo.

De seguido algúns que podes atopar se viaxas polo mundo. Hoxe falaremos de dous deles e en próximos días doutros catro máis:

1. O celacanto

O celacanto é un peixe que se cría extinguido hai máis de 65 millóns de anos. Con todo, en 1938 descubriuse un exemplar vivo fronte ás costas de Sudáfrica. En 1998 localizouse outro exemplar na illa de Célebes (Indonesia).

Xunto cos peixes pulmonados son os seres vivos mariños máis próximos dos vertebrados terrestres. Apareceron no período Devónico (hai 400 millóns de anos), aínda que a maior cantidade de restos fosilizados pertencen ao período Carbonífero (hai 350 millóns de anos).

Estímase que viven ata 100 anos en base á análise das marcas de crecemento anuais nas súas escamas, e alcanzar a madurez ao redor dos 55 anos.​ O espécime coñecido máis antigo tiña 84 anos no momento da súa captura en 1960.​

2. O cangrexo ferradura

O cangrexo ferradura é unha criatura que permaneceu practicamente inalterada durante máis de 450 millóns de anos.

É unha especie de quelicerado da clase Merostomata. Chega a alcanzar 60 cm de longo e 30 cm de ancho. A pesar do seu nome, esta especie está máis próxima ás arañas e escorpións (arácnidos), que aos cangrexos (crustáceos), cos que non garda ningunha relación. Habita nas zonas costeiras e os estuarios fluviais.

Estes cangrexos pódense atopar nas costas de América do Norte e Asia. Ademais do seu aspecto único, os cangrexos ferradura tamén son valiosos para a ciencia porque o seu sangue contén unha substancia que axuda a combater as infeccións bacterianas.

Continuará...

FONTE: quo.eldiario.es/ciencia e es.wikipedia.org    Imaxes: Laurent Ballesta/nationalgeographic.es e James St. John/quo.eldiario.es

0 comentarios