Blogia
vgomez

SATURNO SUPERA A XÚPITER EN LÚAS

Sarturno / Imaxe: meteorologiaenred.com

Ata o pasado luns, Xúpiter era o planeta do Sistema Solar con máis lúas coñecidas (79). Saturno arrebatoulle o primeiro posto pois, tal e como acaba de anunciar a Unión Astronómica Internacional, descubríronse 20 novos satélites, polo que ten polo menos 81.

Os novos mundos descubertos teñen un diámetro duns 5 quilómetros. Segundo precisou o Minor Planet Center, 17 desas lúas móvense nunha órbita oposta á rotación do planeta ao redor do seu eixo, mentres que as outras tres rotan na mesma dirección que Saturno.

Das 20 novas lúas, as dúas máis próximas ao planeta tardan dous anos en orbitalo mentres que as máis afastadas necesitan tres anos para dar unha volta completa ao redor del.

O descubrimento destas 20 lúas fíxose co telescopio Subaru situado no volcán Mauna Kea de Hawaii.

Saturno alberga dous das as lúas máis interesantes do Sistema Solar: Titán e  Encélado. A primeira é a máis grande das deste planeta e ten atmosfera mentres  Encélado é un mundo xeado de 500 quilómetros de diámetro, a décima parte de Titán. Xunto con Europa, unha lúa de Xúpiter, estes tres satélites son os mundos nos que os científicos teñen máis esperanzas de atopar algún tipo de vida.

FONTE: Teresa Guerrero/elmundo.es/ciencia

0 comentarios