PLANTAS CURIOSAS XII
Rafflesia arnoldii / Imaxe: Raphaelhui/Wikimedia
Continuo con esta serie adicada as plantas con flores, froitos ou sementes moi curiosas, como mostra de que a natureza non deixa de sorprendernos coas súas manifestacións a gran e pequena escala.
12. Rafflesia arnoldii, máis coñecida como a flor da podremia. É unha planta parasita do xénero Rafflesia, que se atopa nas selvas de Sumatra e Indonesia. É a flor máis grande coñecida: pode chegar a un metro de diámetro e pesar 11 quilos. Non posúe nin follas, nin talo, nin raíces, logo non realiza a fotosíntesis, e o do seu olor fétido deriva o seu sobrenome. Esta planta que parasita ás árbores, medrando sobre as súas raíces, de onde obtén os nutrientes necesarios.Como foron capaces de sobrevivir ata agora é un enigma que está sen resolver.
0 comentarios