Blogia
vgomez

DESAPARECE UNHA ILLA XURDIDA AI SEIS ANOS

A illa de Zalzala Koh (montaña do terremoto) naceu en setembro de 2013 despois de que un terremoto de magnitude 7,7 na escala de Richter, sacudise o oeste de Paquistán. Este illote xurdiu preto do porto de Gwadar, ao suroeste do país, cando os movementos de terra erixiron un volcán de barro que acadou unha altura de 20 metros sobre o nivel do mar. A nova illa alcanzou os 90 metros de ancho por 40 de longo.

Pero as ondas e as inclemencias do tempo fixeron que xa en 2016 non queda moito da illa sobre as augas do Mar Arábigo. Agora consumouse a desaparición de Zalzala Koh, tal como informou a NASA nun comunicado.

Os últimos vestixios captáronse en xuño, cando os satélites Landsat observaron sedimentos disoltos flotando pola zona que ocupaba a illa. Agora, todo apunta a que os materiais que formaron a illa están xusto por baixo da superficie da auga.
 
Por que naceu este illote? Crese que a causa está na  tectónica de placas. Nesa zona, a placa arábiga está a afundirse baixo a placa euroasiática (por medio dun proceso coñecido como subducción), a un ritmo duns poucos centímetros cada ano. Desta forma, o lento esvaramento vai acumulando sedimentos no bordo da placa euroasiática.

"A rápida acumulación de sedimentos brandos, ricos en arxilas en torno ao bordo da placa euroasiática, combinado cos altos estreses tectónicos, causa un rápido incremento das presións na auga e gases atrapados nas rochas sedimentarias", explicou no comunicado da NASA. "As presións dos fluídos increméntanse tanto que os sedimentos  arcillosos compórtanse case como un líquido".

O resultado é un volcán de barro. Un destes "fórmase cando as presións son o suficientemente grandes como para fracturar as rochas que están encima e que están a conter esas enormes presións, permitindo que os lodos e gases emerxan ata a superficie".

No caso da illa de Zalzala Koh, o fluído moveuse tan rápido que arrastrou rochas e grandes bloques ata a superficie.

Pero a erosión enseguida exerce o seu papel, con especial intensidade nos brandos materiais dos volcáns de barro. De feito, nesta rexión xa se observaron varios destes volcáns, aparecendo e desaparecendo cunha velocidade sorprendente. Por exemplo, a 125 quilómetros ao leste apareceu a illa de Malan, que xurdiu en dúas ocasións, en 1999 e 2010, e que se  esfumó noutras tantas. Por iso, segundo a NASA, non sería raro que Zalzala Koh volvese emerxer.

FONTE: abc.es/ciencia

0 comentarios