DOCUMENTAIS VERDES: A ERA DA ESTUPIDEZ
A era da estupidez (The Age of Stupid) (2015) é un documental (dirixido por Franny Armstrong e por John Battsek) que mostra a traves de innumerables datos reais e os testemuños de seis historias localizadas en distintos lugares do planeta, a realidade da decadencia humana e a pregunta de por que e como chegaron ata ese extremo?
Pete Postlethwaite interpreta a un ancián que vive nun mundo devastado no ano 2055. Mentres repasa un arquivo fotográfico de 2008, pregúntase por que non se freou o cambio climático cando aínda se estaba a tempo. Para analizar en que se equivocou o home, o documental céntrase nas historias de seis persoas: Alvin DuVernay é un paleontólogo que axuda a Shell a atopar petróleo na costa de Nova Orleans. Jed Wadia, de Bombai, quere montar unha aerolínea tipo baixo custo. Layefa Malemi vive na máis absoluta pobreza nunha aldea de Nixeria da que Shell extrae decenas de millóns de dólares cada semana grazas ao petróleo. Jamila Bayyoud, de oito anos, é unha refuxiada iraquí que vive nas rúas de Xordania desde que a súa casa foi destruída e o seu pai asasinado durante a invasión do seu país por parte de EE. UU. en 2003 e Fernand Pareau é un guia de montaña francés que foi testemuña de como moitos dos seus adorados glaciares alpinos deretíronse.
Documental de concienciación!
0 comentarios