FAUNA EN PERIGO DE EXTINCIÓN EN GALICIA IV
En Galicia, segundo o catálogo da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, hai máis dunha vintena de especies en perigo de extinción. Continuo co apartado das aves, que supón a metade desas especies en perigo de extinción.
Imaxes: (Cerceta) Wikimedia Commons e (Escribenta das canabeiras) Andreas Trepte/gl.wikipedia.org
7. Cerceta (Anas crecca)
A cerceta (Anas crecca) é unha ave que só cría nun lugar da provincia de Pontevedra onde, ademais, está moi ameazada pola presión industrial. En outono e inverno Galicia recibe bastantes exemplares do resto de Europa, que están en plenos procesos migratorios. A principal ameaza para a súa conservación na comunidade é a degradación do hábitat de cría, consecuencia directa da deterioración xeral das zonas húmidas.
8. Escribenta das canaveiras (Emberiza schoeniclus subsp. lusitanica)
A subespecie de escribenta das canaveiras (Emberiza schoeniclus subsp. lusitanica) é endémica da península. Ocupa sobre todo zonas húmidas costeiras, onde procura os insectos que compoñen a súa dieta durante a época de reprodución. En Galicia distribúese nas pronvincias de Coruña e Pontevedra, con menos dun centenar de parellas reprodutoras en toda a comunidade. Está especialmente amezada pola destrución das zonas húmidas e pola intensificación agrícola.
Continuará!
FONTE: gciencia.com/medioambiental
0 comentarios