Blogia
vgomez

SABÍAS QUE... A GRAVIDADE DA TERRA É DESIGUAL

O noso globo non é unha esfera perfecta. A Terra é un pouco máis ancha que alta, o que lle dá un lixeiro vulto no ecuador; esta forma coñécese como un elipsoide ou, máis correctamente, un xeoide. Así, o diámetro da Terra no ecuador é de 12.756 Km e a circunferencia da Terra no ecuador: 40.076 Km. Como consecuencia, a súa masa distribúese de maneira desigual. E unha masa desigual significa unha gravidade lixeiramente desigual. Unha misteriosa anomalía gravitacional existe na Baía de Hudson de Canadá. Esta zona ten unha menor gravidade que outras rexións, e un estudo de 2007 atopou que o derretimiento dos glaciares era o culpable.

E é que o xeo que unha vez cubriu a área durante a última glaciación derreteuse hai moito tempo, pero a Terra non se recuperou completamente diso. Dado que a gravidade sobre unha área é proporcional á masa sobre esa rexión, a gravidade é un pouco menos forte na pegada da capa de xeo. A leve deformación da codia explica do 25 ao 45% da gravidade inusualmente baixa. O resto pode explicarse por un arrastre causado polo movemento do magma no manto da Terra (a capa xusto debaixo da codia), segundo expuxeron os investigadores na revista Science.

FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es

0 comentarios