Blogia
vgomez

INVENTOS ACCIDENTAIS QUE CAMBIARON O MUNDO

O curso da evolución humana estivo marcado por unha longa sucesión de descubrimentos casuais e inventos accidentais; o momento Eureka pode chegar por casualidade e non por elección. De feito, os expertos estiman que entre o 30 e o 50% de todos os descubrimentos científicos son dalgunha forma, accidentais. Aínda que é certo que nalgúns casos, os descubrimentos científicos prodúcense despois dun minucioso traballo de laboratorio que finalmente produce o resultado que un investigador esperaba atopar, a realidade é que moitos dos achados máis incribles do mundo producíronse cando alguén atopou algo que non estaba a buscar. Todos estes inventos accidentais dos últimos dous séculos cambiaron o mundo dunha forma ou outra e, nalgúns casos, mesmo son o resultado dun verdadeiro accidente.

Ningún destes "accidentes" converteuse no devandito invento que cambiou o mundo sen a persoa adecuada para recoñecer o seu valor e mostran que as mellores innovacións poden provir do inesperado, pois a necesidade non sempre é a nai da invención.

Nesta serie, que hoxe comeo, descubriremos como o azar e non o tradicional, longo e lóxico proceso de pensamento, reflexión, experimentación e desenvolvemento, xogou un papel crave nalgúns dos máis grandes inventos do mundo.

Comezamos!

1. Sacarina

A sacarina, un dos edulcorantes sintéticos máis antigos, foi descuberto accidentalmente po Ira Remsen e Constantine Falhberg en 1879. Ese ano os químicos estadounidenses tentaban atopar usos alternativos para o alcatrán de hulla (carbón mineral). Cando fixeron unha pausa para comer, Falhberg notou que os alimentos tiñan un sabor moito máis doce do habitual. Entón deuse conta de que non se lavou as mans despois de traballar e que as súas mans quedaran impregnadas dunha substancia do laboratorio: nacera a sacarina.

Químicamente é unha amida o-sulfobenzoica. Na industria alimentaria coñécese coas siglas E954. Actualmente obtense mediante síntese química do tolueno ou doutros derivados do petróleo.

FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es Imaxes: wikipedia.org, shutterstock.com e lavanguardia.com

0 comentarios