MERIT PTAH: A PRIMEIRA MULLER CIENTÍFICA
Merit Ptah (c. 2700 a. C.) / Cairo Museum
Varias referencias citan á médica exipcia Merit Ptah como a primeira muller científica de cuxo nome existe rexistro. Viviría en torno ao ano 2.700 a. C., o que a situaría na Dinastía II, no Período Arcaico do Antigo Exipto. Con todo, as referencias son confusas: algunhas falan dunha presunta inscrición nunha tumba do Val dos Reis, o cal é un anacronismo, xa que este lugar non comezou a utilizarse como necrópole ata o século XVI a. C., uns 1.200 anos despois. É máis plausible outra versión que a sitúa na necrópole de Saqqara, próxima á antiga Menfis e que si serviu como lugar de enterramento desde a Dinastía I.
Merit Ptah non era unha excepción na súa época; as mulleres practicaban a medicina no antigo Exipto, moitas delas na especialidade de obstetricia. Talvez o nome de Merit Ptah conservouse porque o seu fillo foi sumo sacerdote e deixou referencia escrita a ela como “xefa de médicos”. Polas datas, Merit Ptah rivaliza en antigüidade con Imhotep, o polímata que deseñou a pirámide graduada de Saqqara e ao que a miúdo se considera o primeiro científico con nome coñecido. Este título símbólico podería reclamarse para Merit Ptah, cuxo nomee hoxe designa un cráter de impacto en Venus.
FONTE: Javier Yanes/bbvaopenmind.com/ciencia
0 comentarios