PREMIO NOBEL DE FÍSICA 2017
De esquerda a dereita, Rainer Weiss, Barry Barish e Kip Thorne / Imaxe:Molly Riley/AFP
O descubrimento das ondas gravitacionais, cuxa existencia Albert Einstein predixo en 1915 pero non se confirmou experimentalmente ata o 2015, foi recoñecido co premio Nobel de física deste ano. Segundo informou a Real Academia de Ciencias Sueca, o premio concédese aos estadounidenses Rainer Weiss (1932), Barry Barish (1936) e Kip Thorne (1940), "por contribucións decisivas ao detector LIGO e á observación de ondas gravitacionais".
"As ondas gravitacionais son unha maneira completamente nova de observar os acontecementos máis violentos no espazo e de poñer a proba os límites do noso coñecemento", destaca a academia sueca no comunicado en que anuncia o premio. A súa detección "xa promete unha revolución en astrofísica".
Esta detección, que Einstein pensaba que nunca sería posible porque o sinal das ondas gravitacionais é extremedamente débil, foi froito do "entusiasmo e determinación" dos tres galardoados, sinala a academia sueca. "Xuntos, fixeron realidade unha visión que ten case cincuenta anos de antigüidade".
Parabéns!
FONTE: lavanguardia.com
0 comentarios