KLAUS HASSELMANN
Klaus Hasselmann / EFE
Klaus Hasselmann, físico e matemático alemán, nacido o 25 de outubro de 1931 en Hamburgo, foi galardoado co Premio Fronteiras do Coñecemento da Fundación BBVA, na categoría de Cambio Climático.
Hasselmann fundou o o Instituto Max Planck de Meteoroloxía no ano 1975, dirixíndoo durante 25 anos. Entre 1988 e 1999 foi director científico do Centro Alemán de Computación do Clima, en Hamburgo, e é membro fundador do European Climate Forum, que fomenta a investigación multidisciplinar no quentamento climático.
O premio foi concedido polo xurado por "identificar a pegada humana no quentamento global" (desenvolvendo métodos que estableceron que a actual tendencia cara ao quentamento global é atribuíble, fundamentalmente, á actividade humana).
Dotados con 400.000 euros por categoría, estes galardóns son os de maior cuantía despois dos Premio Nobel.
0 comentarios