Blogia
vgomez

ARQUÍMEDES E A MEDIDA DO CÍRCULO

 

Quen descubriu o número π? Sabédelo? O noso protagonista, Arquímedes de Siracusa (287 a. C -212 a. C). Este xenio grego foi o primeiro matemático que tivo un coñecemento preciso da existencia do número π.

Arquímedes é sen dúbida un dos matemáticos máis grandes da historia. A súa vida e a súa obra son de lenda: Descubriu a lei da panca, o principio fundamental da  hidrostática, o volume da esfera... E anticipouse case 2000 anos ao cálculo integral!

Morreu durante o sitio de Siracusa asasinado por un soldado romano a pesar da orde de mantelo con vida. A súa tumba segue hoxe en día rodeada de misterio.

Neste vídeo non só gozaremos do descubrimento do número máis famoso de todos os tempos, o número Pi, tamén o faremos co método súper enxeñoso que se lle ocorreu a Arquímedes para aproximalo. Ademais, contámosvos outro dos grandes achados de Arquímedes, a fórmula para a medida do círculo.


0 comentarios