"PREMIO NOBEL DE MATEMÁTICAS" 2019
Hai medio século, a estadounidense Karen Uhlenbeck, por entón unha nova e prometedora matemática, púxose a buscar un emprego, tras dous breves traballos temporais como profesora no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts e na Universidade de Berkeley. “Dixéronme que ninguén contrataba a mulleres, porque as mulleres debían estar na casa e ter bebés”, lembrou nun libro en 1997. Hoxe, a Academia de Ciencias e Letras de Noruega decidiu concederlle o Premio Abel 2019, considerado o Nobel das matemáticas.
Karen Keskulla Uhlenbeck (Cleveland, 24 de agosto de 1942) está considerada unha da fundadoras da área da análise xeométrica polos seus traballos en aplicacións harmónicas e os seus traballos favoreceron importantes avances no campo das ecuacións en derivadas parciais xeométricas, a teoría gauge e os sistemas integrables.
É a primeira muller que recibe o Premio Abel, creado en 2002 para celebrar o bicentenario do nacemento do matemático noruego Niels Henrik Abel.
Parabéns!
0 comentarios