CHEGOU A PRIMAVERA
Primavera / Imaxe: elconfidencial.com
Hoxe, 20 de marzo, ás 22:58 horas comeza a primavera. A estación terá unha duración de 92 días e 18 horas, ata o 21 de xuño, cando comece o verán.
Por convenio, o inicio das estacións prodúcese naqueles instantes en que a Terra se atopa en determinadas posicións da súa órbita ao redor do Sol.
No caso da primavera, esta posición é aquela en que o centro do Sol, visto desde a Terra, cruza o ecuador celeste no seu movemento aparente cara ao norte. Cando isto sucede, a duración do día e a noite practicamente coinciden, e por iso, a esta circunstancia lla chama tamén equinoccio de primavera. Neste instante no hemisferio sur iníciase o outono.
A primavera é a época do ano en que a lonxitude do día alóngase máis rapidamente. A latitudes da Península, o Sol sae polas mañás antes que o día anterior e ponse despois pola tarde. Como consecuencia, ao comezo da primavera o tempo en que o Sol está por encima do horizonte aumenta case tres minutos cada día á latitude da península.
Boa primavera a tod@s!
0 comentarios