NEIL ARMSTRONG
Neil Armstrong, fotografado en 1969 e en 2005 / NASA/ B. Pajares
O nome do home que nos ocupa hoxe quedou marcado para a historia o día 21 de xullo de 1969, ao ser o primeiro home que pisou a Lúa: Neil Alden Armstrong. A súa vida acaba de rematar, o pasado sábado, con 82 anos en Columbus-Ohio (EEUU).
Armstrong naceu en Wapakoneta-Ohio (EEUU) o 5 de agosto de 1930. Dende moi novo mostrou a súa atracción pola aeronáutica, así aos 15 anos comezou a tomar leccións de voo, acadando a licencia de piloto antes de graduarse en secundaria. Ao rematar estes estudos, recibíu unha beca da Mariña dos Estados Unidos, inscribíndose posteriormente na Universidade Purdue, comenzando os estudos Enxeñaría Aeronáutica. En 1949 ingresou na mariña e en 1950 servíu na Guerra de Corea, onde participou en 78 misións de combate. De volta á casa rematou os estudos e graduouse pola Universidade de Purdue.
En 1962 entrou na NASA como astronauta e voou por primeira vez ao espazo en 1966, na cápsula Gemini 8. E chegou o programa Apolo. Xunto con Aldrin e Michael Collins, partiron na misión lunar no Apolo XI, o 16 de xullo de 1969, regresando o 24 do mesmo mes como verdadeiros heroes.
Despois desta aventura, nunca volveu ao espazo, deixando a NASA en 1971, adicándose a dar clases na universidade e a distintos negocios.
A súa pegada quedou marcada na Lúa e nos libros de texto, así como a frase "É un pequeno paso para o home, pero un gran salto para a Humanidade", por certo, mal interpretada debido á baixa calidade da transmisión, querendo dicir en realidade «É un gran paso para UN home», o que ten moito máis sentido porque "o home" e "a Humanidade" veñen a ser o mesmo.
0 comentarios