NOMES PROPIOS: ALEXANDER FLEMING
Naceu en 1881 en Ayrshire (Escocia), sendo o séptimo fillo dunha familia campesiña de oito irmáns. Estudiou medicina na Universidade de Londres, compatibilizando os seus estudios co traballo nunha empresa naviera. Especializouse en bacterioloxía, adicándose a investigación médica. Uníuse ao equipo de sir Almroth Wright, científico coñecido por buscar axentes farmacolóxicos que aumentasen a eficiencia natural dos leucocitos.
Durante a I Guerra mundial traballou como médico militar en Francia, aspecto este que lle marcaría ao remate da mesma, adicándose a investigación das defensas do corpo humano contra as infeccións bacterianas.
O descubrimento da penicilina producíuse grazas a un acontecemento fortuíto. Fleming, en setembro de 1928, estudiaba as mutacións das colonias de estafilococos, e un dos seus cultivos contaminuouse accidentalmente polo fungo Penicilliun notatum. Observou que os estafilococos fixéranse transparentes ao redor do fungo, interpretando este fenómeno como que o fungo producía unha substancia antibacteriana. Sacando producto aos limitados recursos de que dispoñía, fleming contribuíu ao desenvolvemento das propiedades antibióticas do fungo anteriormente citado.
Os seus traballos no desenvolvemento dos antibióticos foron esenciais para o aumento da esperanza de vida da poboación e, sobre todo, para a diminución na mortalidade infantil. Foi, tamén, pioneiro no emprego de antisifilíticos.
Nomeado profesor do Royal College of Surgeons en 1919, e sir, en 1944, as súas aportacións ás ciencias foron recoñecidas en 1945 co Premio Nóbel de Fisioloxía e Medicina, que compartíu cos científicos británicos Howard Walter Florey e Ernst Boris Chain.
Morreu en 1955 en Londres, a causa dun ataque cardíaco.
0 comentarios