Blogia
vgomez

PREMIO NOBEL DA PAZ 2021

María Ressa e Dimitri Muratov / Foto de Isaac LAWRENCE/AFP/elcomercio.pe

A xornalista filipina Maria Ressa e o ruso Dimitri Muratov foron recoñecidos este venres co Premio Nobel da Paz que concede cada ano o Comité Noruegués, polos seus esforzos para salvagardar a liberdade de expresión e o xornalismo independente e, por extensión, a democracia e a paz.

O xurado recoñeceu a súa loita valente tanto en Filipinas como en Rusia, pero tamén os describiu como un exemplo dos xornalistas que traballan en condicións cada vez máis adversas. Sen liberdade de expresión nin de prensa, será difícil promover a fraternidad entre nacións, o desarmamento e unha mellor orde mundial, engadiu.

Maria A. Ressa (Manila, 2 de outubro de 1963) é una xornalista filipina, responsable e fundadora do portal informativo Rappler.

Dmitry Andreyevich Muratov (Kuybyshev, 30 de outubro de 1961) é un xornalista ruso, editor en xefe do xornal ruso Novaya Gazeta.

Parabéns!

0 comentarios