CANTO SABES SOBRE COGOMELOS? III
Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE COGOMELOS, na que pos a proba os teus coñecementos sobre istes fungos que adoitan medrar en lugares húmidos e pouco soleados.
A contestación correcta a proposta de onte é Champiñon silvestre. O Agaricus campestris é un fungo saprófito e excelente comestible cando é novo ou cando as súas láminas aínda permanecen rosadas (non é conveniente consumilos cando as súas láminas escurecen). Iste cogomelo pertence ao grupo dos basidiomicetos e á orde Agaricales. O seu chapeu mide entre 4 e 10 cm de diámetro, é hemisférico, convexo e aplanado na vellez. A cutícula deste fungo é sedosa, de cor branca e sepárase facilmente, en ocasións ten escamas concéntricas de tons ocres. A marxe é ornamentado e presenta restos de veo, se incurva durante o desenvolvemento. O pé é groso, fibroso, curto e cilíndrico, mide de 3 a 7 cm de longo por 1 a 2 cm de diámetro, engrósase na base e ten coloración branca, sepárase facilmente do chapeu. O anel é membranoso, ascendente, simple, efémero, de cor branca e atópase na parte superior do pé, polo xeral. O himenio é en laminillas, estas atópanse libres e apertadas, presentan cor rosa vivo e cambian a cor chocolate e negruzcas co pasar do tempo. O champiñón silvestre, ao ollo dun principiante, pódese confundir con amanitas brancas, estas recoñécense basicamente porque presentan volva e láminas completamente brancas e estes caracteres son moi importantes para evitar unha intoxicación perigosa. Con todo, o poder diferencialas correctamente das especies máis similares radica no coñecemento que se teña de cada unha elas, é por isto que é conveniente estudalas moi ben antes de aventurarse neste labor.
E imos coa proposta de hoxe!
2. Identifica:
- Seta de brezo
- Champiñón
- Níscaro
- Lactarius deterrimus
Mañá a olución e unha nova proposta!
FONTE: Idea orixinal de es.educaplay.com e naturaleza.paradais-sphynx.com Imaxe: es.wikipedia.org
0 comentarios