Blogia
vgomez

CANTO SABES DE BULGARIA? II

Continúo coa serie adicada a Bulgaria, un país situado ao sur de Europa, un dos vinte e sete Estados soberanos que forman a Unión Europea. Ademais da gran beleza de moitos dos seus lugares, e da importancia da natureza en todo o seu territorio, destaca pola súa gran riqueza cultural declarado parte do Patrimonio Cultural pola UNESCO.

A contestación correcta á pregunta de onte é Sofía. É a capital de Bulgaria, e a cidade máis poboada do país. Localízase na rexión oeste do país, aos pés do macizo Vitosha. É o centro administrativo, cultural, económico e educativo do estado. Trátase dunha das capitais máis antigas de Europa, remontándose a súa historia ata o século VIII a. C., cando os tracios estableceron un asentamento na zona.

E imos coa pregunta de hoxe!

2. Cal é a bandeira de Bulgaria?

Mañá a solución e unha nova proposta.

FONTE: gl.wikipedia.org         Imaxes: el grilloviajero.com e es.wikipedia.org

0 comentarios